O conselleiro de Educación rexeita as críticas das ANPAS ao banco de libros da Xunta: "falan dende a inconsciencia"
Por Oskar Viéitez
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, rexeitou as críticas xurdidas dende as asociacións de pais de alumnos polo modelo de 'banco solidario' de libros de texto que impulsa a administración autonómica, considerando que estes pais "falan dende a inconsciencia".
A Confederación Galega de ANPAs de Centros Públicos (Confapa) e á Confederación de Anpas galegas rexeitaron o modelo de banco de libros que impón a Xunta mostrando a súa intención de continuar cos seus propios bancos de libros de forma paralela.
"Cando hai un cambio sempre hai reticencias", dixo este xoves durante a visita ao Centro de Recursos Educativos da ONCE en Pontevedra o conselleiro. "O que realmente importa é que ás familias teñan os libros", sinalou. "Somos conscientes de que estes bancos van ter unha función moi importante para facilitar libros a quen os precisa, Iso debería ser un obxectivo compartido por todas as institucións e organizacións que participamos no proceso educativo".
Foron as Anpas que crearon os primeiros bancos dende a supresión da gratuidade universal, e recordan ao conselleiro que os manuais son "propiedade das familias e non do centro, como pretende a Xunta".
OROZA E CIFP XUNQUEIRA
Respecto á conversión en aulas da cuberta da pista deportiva do CIFP da Xunqueira o conselleiro indicou que "ás obras están a piques de adxudicarse" e en canto á ampliación das instalacións do Carlos Oroza en Príncipe Felipe estamos cós trámites".
En ambos os dous casos Román Rodríguez asegurou que "sen dúbida, as obras van estar feitas a finais de ano".