Convocan para o xoves unha concentración en repulsa contra o crime machista de Arbo
Por Oskar Viéitez
O xoves día 9 de xullo, ás 20:00 horas, no cruce das rúas Peregrina, Daniel de la Sota, García Camba e Andrés Muruáis (tamén coñecido como Praza do 8 de Marzo), terá lugar unha concentración de repulsa contra o crime machista ocurrido na localidade de Arbo, onde o pasado venres atoparon os corpos sen vida de Beatriz, de 30 anos, e Sergio, de 36, nun coche.
A Concellaría de Igualdade do Concello de Pontevedra, a través do Centro de Información á Muller, chama a sumarse á concentración en repulsa contra o asasinato e contra a violencia machista.
Namentras, os corpos e forzas de seguridade investigan se a morte destas dúas persoas se trata dun crime considerado de violencia de xénero, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
Esta mesma fonte matizou que o xulgado decretou o segredo das actuacións trala detención dun varon, exparella da muller.