Acondicionan a Casa do Pobo de Aguasantas atendendo ás peticións feitas polos veciños
Por Redacción
O goberno local de Cotobade procedeu á mellora da Casa do Pobo de Aguasantas. As obras consistiron no arranxo das ventás, no pintado de todo o local e na eliminación das humidades.
O alcalde, Jorge Cubela, asumiu a petición feita polos veciños de Aguasantas para facer melloras na Casa do Pobo.
Estas casas son de titularidade municipal, e dan servizo á parroquia, á Comunidade de Montes, á Comisión de Festas e á Asociación de Veciños.
Dende o goberno local salientan que foron unhas melloras "moi significativas" que incluiron o acondicionamento dos cuartos de baño. Finalmente, insisten en que o Concello ten como prioridade "dotar dunhas boas instalacións sociais a todas as parroquias".