Queren que o Camiño Portugués tamén sexa recoñecido como Patrimonio Mundial da Humanidade pola Unesco
Por Oskar Viéitez
O Camiño Portugués a Santiago de Compostela tamén debe ser recoñecido pola UNESCO como Patrimonio Mundial da Humanidade, así o entenden as diferentes administracións, asociacións e organismos que teñen competencias sobre esta histórica senda que este xoves se reuniron en Pontevedra para constituír a Mesa do Camiño.
Nesta reunión participou o presidente en funcións da Deputación, Rafael Louzán, a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, a directora xeral de Patrimonio, María del Carmen Martínez Insua, o director da Sociedade Xestión do Xacobeo, Rafael Sánchez, o presidente da Fundación Camiño Portugués, Tino Lores, así como os alcaldes dos concellos da provincia de Pontevedra e os reprensentantes das Cámaras Municipais de Portugal por onde transcorre o Camiño Portugués (Valença, Paredes de Coura, Ponte de Lima, Barcelos, Vila do Conde, Maia, Porto e Braga).
Segundo informou Rafael Louzán, a partir de agora iniciarán xestións para que os gobernos de España e Portugal impulsen esta candidatura no seo da Unesco co propósito de obter un recoñecemento que acaban de lograr as rutas do Norte e Primitiva do Camiño de Santiago, con menos peregrinos que a vía portuguesa como recordou Nava Castro.
A directora da Axencia de Turismo de Galicia destacou que o pasado ano dos 237.000 peregrinos que chegaron a Galicia, 35.491 empregaron o camiño Portugués.
O 15,92% das persoas que se rexistraron na Oficina do Peregrino pero, aos que, segundo Nava Castro, hai que engadir aquelas persoas que fan o Camiño sen selar a Compostela, e que se cifran en torno a un 10% máis.
No que vai de ano, o Camiño portugués segue consolidándose como a segunda ruta do Camiño de Santiago con maior afluencia de xente despois do Camiño Francés. "Llevamos un 17% del global de peregrinos que llegaron a Galicia. 16.757 de los más de de 101.000 que entraron en Santiago de Compostela".
Un incremento nos datos de afluencia que tamén se contabiliza nos albergues do Camiño Portugués que hai na provincia. Así durante o pasado mes de xuño pernotaron nos 10 aloxamentos públicos 5.960 persoas das 44.099 contabilizadas en toda a rede de albergues xestionados polo Xacobeo.
SEGURIDADE VIAL
Segundo detallou Nava Castro a reunión evidenciouse a necesidade de "seguir profundizando en la promoción del Camiño Portugués y sobre todo con los municipios del país vecino que tienen mucho que decir para fortalecer esta ruta", segundo manifestou.
Rafael Louzán destacou que, se ben, "esta ruta se encontra nun estado óptimo, estamos preocupados por reforzar a seguridade viaria e toca coordinar a labor que se quere facer para continuar nesta boa senda e favorecer unha maior afluencia de peregrinos".
Relacionadas:
-
O Camiño Portugués, foco de discrepancias da Deputación e o BNG contra a Xunta
Por Redacción |
-
Pontevedra, a favor de promover que o Camiño Portugués sexa declarado Patrimonio da Humanidade
Por Redacción |
-
1.465 peregrinos chegaron a Santiago polo Camiño Portugués esta Semana Santa
Por Redacción |
-
Clase práctica sobre o Camiño de Santiago
Por Oskar Viéitez |
-
Os albergues do Camiño Portugués incrementaron o número de pernoitas en 2014
Por Redacción |