Búscanse bares en Bueu con boa man para as tapas
Por Redacción
Os hostaleiros de Bueu teñen de prazo ata o 24 de xullo para formalizar a súa inscrición na Ruta das Tapas. Así o anunciaron Silvia Carballo, concelleira de Economía e Turismo, e Sonia Cabodevila, do departamento de Desenvolvemento Local, na reunión que mantiveron hoxe cos hostaleiros.
Así, o calendario previsto recolle que o 31 de xullo deben estar listos os nomes das tapas, o 14 de agosto as fotos das mesmas e o 15 a publicidade pechada.
A ruta vaise celebrar entre o 10 e o 13 de setembro, coincidindo co FICBUEU, o festival cinematográfico que ano a ano colleita maior participación.
O mínimo de establecementos para que se celebre a ruta é de seis, e tamén se acordou un prezo de 1,80 euros por tapa.