Variedade artesanal para todos os gustos na Feira Chalana na Ferrería
Por Anxo Lourido
Xa está aberta a Feira de Artesanía 'Chalana' que permanecerá no Paseo Antonio Odriozola ata o 4 de agosto en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 19.00 a 23.00 horas coa presenza de 15 expositores, a metade deles procedentes da bisbarra de Pontevedra.
Os postos ofrecen xoias; coitelaría de Fonsagrada; vestidos artesanais; coiro; instrumentos musicais como pandeiros; cerámica para trofeos e detalles de voda; pezas de tea; ourivaría; artesanía elaborada con area; pendentes e colares; xoguetes artesanais; roupas pintadas a man; pezas de artesanía e xabóns. Precisamente, o Taller Algalia que ofrece as xabóns é unha das tres novidades deste ano xunto a La Luna e o Vagalume, procedente de Asturias, que emprega materiais reciclados e a deseñadora valenciana Mónica Curvetto de Moon de Val con pezas de roupa elaboradas integramente con algodón.
Segundo os representantes da organización, este ano se presentaron máis de trinta solicitudes para participar nesta Feira que foi inaugurada polas concelleiras Carme da Silva e Anabel Gulías, acompañadas pola concelleira do PP, María José Rodríguez Teso e a representante de Ciudadanos, María Rey.
Relacionadas:
-
A artesanía acode fiel á súa cita estival coa novena feira Chalana
Por Redacción | Creada e actualizada