Heroes de Ponte Sampaio critica a falta de limpeza da ponte medieval por parte do Concello de Pontevedra
Por Redacción
A asociación de veciños Heroes de Ponte Sampaio denuncia que mentres o Concello de Soutomaior se dedica a limpar todos os anos os arcos da parte da ponte medieval que pertence a ese municipio con motivo da celebración das festas do Carme, a parte que corresponde ao concello pontevedrés non se limpa nunca.
Este colectivo lamenta que suceda esta situación cando nesta parroquia existe unha gran tradición con motivo desta festividade. Sinalan que o Concello de Soutomaior limpa ata a metade da ponte, parte que lle corresponde, o empedrado. Non obstante, a outra parte queda sucia debido a que o goberno local de Pontevedra non envía operarios para acometer os labores de limpeza.
Heroes de Ponte Sampaio reclama unha actuación por parte de Pontevedra neste espazo.