Unha bandeira xigante chama á mobilización da mocidade galega en Compostela
Por Redacción
Unha bandeira de Galicia en tamaño xigante ocupou este venres momentáneamente boa parte da praza da Peregrina. Foi un acto simbólico co que todas as organización xuvenís nacionalistas e independentistas galegas quixeron facer un chamamento á mocidade pontevedresa para que o vindeiro venres 24 de xullo acudan á manifestación convocada en Santiago de Compostela.
Ás 20.00 horas, a mesma hora á que a mocidade galega está chamada a manifestarse o 24 de xullo dende a Alameda compostelana, mozos de todas as organización integradas na Coordinadora Xuvenil Galega secundaron o acto unitario.
Os organizadores explicaron que o seu obxectivo despregando a bandeira era "chamar á mocidade galega a participar na movilización do 24 de xullo", entendendo que é "necesario coordinar o traballo organizativo do acto de Compostela en todas as vilas galegas".
A coordinadora Xuvenil Galega está integrada polas organizacións xuvenís nacionalistas e independentistas galegas Agir, Briga, Comités, Galiza Nova, Isca, Liga EstudantilGalega, Terra e Xeira.