Cuntis pide a Augas de Galicia que limpe o cauce do río Gallo
Por Redacción
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, solicitou ao ente público Augas de Galicia a limpeza do cauce do río Gallo e, en particular, unha actuación nese sentido na zona urbana, posto que asegura que se encontra "nun estado deplorable".
Campos trasladoulle esta petición ao director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosquera Martínez, nunha reunión mantida este venres en Santiago de Compostela, na que repasaron como se encontran as obras de saneamento integral de Cuntis que están pendentes. Segundo informou o Concello, dende o organismo autonómico trasladáronlles que a administración local ten que poner a disposición da Xunta unha serie de terreos para poder rematar as actuaciones.
Entre os asuntos tratados na reunión tamén figuran a ampliación da depuradora de Meira, que está pendente de cesión de terreos por parte do Concello; e o saneamento nas parroquias de Piñeiro, Couselo e Arcos e a conexión á depuradora de Cuntis, actuacións todas elas recollidas no denominado Plan Umia.
Augas de Galicia tamén ten pendente en Cuntis un estudo do risco de inundacións, asunto sobre o que lle trasladaron ao alcalde que está en fase de realización. En relación co abastecemento de auga en Cuntis e Moraña, o Concello de Cuntis lembrou a necesidade de dotar con outro depósito de auga, dado que na actualidade dito abastecemento encóntrase ao límite da súa capacidade, poñendo en risco nalgún momento a subministración de auga.