Que o ritmo non decaia: aquí está toda a axenda festiva de Pontevedra esta semana
Por Redacción
As Festas do Verán xa se están a vivir en Pontevedra dende o pasado 10 de xullo e, despois do éxito do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra, que rematou este domingo, a cidade adéntrase este luns nunha nova semana de actividades festivas con propostas para todos os públicos.
O programa Cultura no Camiño, as festas de Santiaguiño, o ciclo Cinema na Lúa e o Festixeve serán os pratos fortes da semana, que terá como primeira actividade este luns día 20 a sesión de teatro infantil do grupo Ghazafelhos 'As mil e unha noites' na praza do Teucro .
Cultura no Camiño é unha actividade pensada para nenos que abarcará distintos ámbitos artísticos: teatro, música e xogos infantís. Terá como centro de operacións a praza do Teucro que será dos máis novos a partir das 19.30 horas todos os días.
Toda a programación da semana será esta:
CULTURA NO CAMIÑO
Luns 20 de xullo: 19.30 horas. Teatro infantil: Ghazafelhos As mil e unha noites.
Martes 21 de xullo: 19.30 horas. Maxia infantil: A Illa dos Nenos. De troula en troula.
Mércores 22 de xullo: 19.30 horas. Teatro infantil: Pinga Teatro. O bufón do reino.
Xoves 23 de xullo: 19.30 horas. Música infantil: Troula Animación. Uxía a Lambona e a Banda Molona.
Venres 24 de xullo: 19.30 horas. Teatro infantil: Migallas Teatro. Pan e Millo: Vai a ser boa!.
Sábado 25 de xullo: 19.30 horas. Teatro infantil: Fantoches Baj. Rodarirrodari.
Domingo 26 de xullo: 19.30 horas. Xogos infantís: Paporrubio. Paporrubio.
CINEMA NA LÚA NA PRAZA DA PEDREIRA
Mércores, 22 de xullo: Her. Ciencia ficción
Xoves, 23 de xullo: El gran hotel Budapest. Comedia
Venres, 24 de xullo: El alucinante mundo de Norman. Animación.
Sábado, 25 de xullo: Gru 2, mi villano favorito. Animación
Domingo, 26 de xullo: Vivir es fácil con los ojos cerrados. Comedia dramática.
SANTIAGUIÑO DO BURGO
Venres 24 de xullo
11.30 horas. Pasarrúas polo barrio do Burgo a cargo do grupo Gaiteiros das Rías Baixas
20.00 horas. Procesión polo barrio do Burgo para recoller as uvas e o millo, coa participación do grupo de gaitas Os de Algures
22.30 horas. Verbena no recinto feiral: orquestras Manchester e Cosmos
Sábado 25 de xullo
11.00 horas. XIX Maratón Popular Santiago Peregrino do Burgo. Saída da Ponte do Burgo, avenida de Domingo Fontán e A Xunqueira do Vao
11.30 horas. Pasarrúas polo barrio do Burgo a cargo dos grupos Os de Algures e Gaiteiros das Rías Baixas.
12.30 horas. Procesión e concerto da Banda Música de Pontevedra
22.30 horas. Verbena no recinto feiral: Orquestras Avenida e Alaska
24.00 horas. Fogos de artificio na beira do río (entre a Ponte do Burgo e a ponte de Santiago)
Domingo 26 de xullo
11.30 horas. Pasarrúas polo barrio do Burgo a cargo do grupo de gaitas Gaiteiros das Rías Baixas
20.00 horas. XVII Festa Homenaxe ás Persoas Maiores 'Os Chichisos'. Teatro Principal
22.30 horas. Verbena no recinto feiral: Boys Machine e Kamelot
FESTIXEVE 2015 NO CAMPO DE VILAR DE FRAGOSO
Sábado, 25 de xullo
18.00 a 22.30 horas. Inchables
22.00 horas. Amigos do Acordeón das Rías Baixas, Banda Baile Asalto Foula, Festicultores Troupe
Domingo 26 de xullo
16.00 a 21.00 horas. Inchables
17.00 horas. Actuación de Olodum do Coio, Charanga Os Encerellados de Campo Lameiro.