O sábado, á praia e o domingo... Deus dirá
Por Oskar Viéitez
Este xoves chegará ás Rías Baixas unha borrasca centrada no golfo de Biscaia que deixará tempo inestable ata o fin de semana. Segundo informan os técnicos de MeteoGalicia ao longo da xornada comezarán a entrar as nubes na comunidade polo norte.
Con esta situación espérase que o venres amenza xa cos ceos cubertos e con precipitacións débiles en xeral, máis probables pola mañá. Xa pola tarde haberá apertura de claros.
As temperaturas mínimas experimentarán un ligeiro ascenso, mentres que as máximas sufrirán un moderado descenso. Os ventos soprarán do sudoeste, frouxos.
O sábado Galicia recuperará momentaneamente a influencia anticiclónica, con tempo estable. Haberá predominio de ceos despexados e temperaturas sen cambios significativos ou en lixeiro ascenso.
Os ventos soprarán de compoñente norte frouxos con intervalos moderados nas Rías Baixas.