O 'Papa' de Senegal visitará Pontevedra o próximo 15 de setembro
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Serigne Mame Mor Mbacke, o líder espiritual do Senegal, visitará a cidade de Pontevedra o vindeiro 15 de setembro. Así llo trasladou este venres ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, unha representación da comunidade senegalesa que vive no noso municipio.
Será o día na que organizarán unha serie de actos laicos nos que participará o que está considerado como o "papa" de Senegal, que está a facer a súa segunda xira por Europa.
En Pontevedra, Serigne Mame Mor Mbacke reunirá a toda a comunidade senegalesa de Galicia, arredor de 750 persoas, das cales 200 residen en Pontevedra.
O alcalde explicoulles que recibirá a esta autoridade relixiosa no Concello para intercambiar opinións sobre a situación e integración da comunidade senegalesa en Pontevedra, e pola tarde foi convidado a participar nunha recepción oficial a todas as autoridades da cidade, previa ao acto relixioso que oficiarán os senegaleses.