Loita a cabalo contra os incendios forestais
Por Redacción
Pontevedra é unha das zonas de Galicia que durante este verán contan cun reforzo especial nos seus montes, o da Unidade de Cabalaría da Policía Nacional.
En toda a comunidade 15 funcionarios e 12 cabalos se ocupan dende principio do mes de xuño de vixiar as zonas forestais próximas ás grandes urbes para loitar así contra os incendios e fomentar a prevención, "además de las labores propias de un policía, que es atender y servir al ciudadano".
Son as verbas de Sebastián González, un dos axentes desta unidade, que por terceiro ano conta con presenza en verán en Pontevedra, onde permanecerán ata o 31 de agosto atendendo tamén á seguridade do Camiño de Santiago.
Polo momento, aseguran, "incidentes graves no hemos encontrado" ao toparse co monte "muy bien cuidado, con lo que es difícil que se den incendios que no sean intencionados", explica este axente.
As súas xornadas acostuman a ser maratonianas, con quendas dende as 8:00 da mañá ata as 22:00 da noite, pero aseguran sentirse a gusto co seu labor.