A homenaxe aos maiores clausura as festas de Santiaguiño do Burgo
Por Redacción
No Teatro Principal e ante os seus achegados, sete veciños do barrio do Burgo recibiron unha sentida homenaxe no fin das celebracións de Santiaguiño.
Por decimiséptimo ano a Festa Homenaxe ás Persoas Maiores quixo devolver con cariño o traballo e méritos destes veciños por promover o seu barrio.
No acto, que estivo amenizado polos Chichisos, foron homenaxeados Francisco Tilve, Dolores Mazas, Dolores Canosa, Milagros Canosa, José López, Alberto Rodríguez e Pilar Figueira.
Tras o acto o broche ás celebracións púxoo a verbena do Recinto Feiral a cargo de Boys Machine e Kamelot.