Novo comisario e unha demanda: un equipo de atención especializada en violencia de xénero
Por Natalia Puga & Cristina Saiz
Na Policía Nacional de Pontevedra "hay cosas muy evidentes que habrá que mejorar". É o primeiro diagnóstico que realiza o novo comisario principal da provincia, Manuel Bouzas Canosa, tras os seus primeiros días de traballo poñéndose ao día coa situación deste Corpo policial na provincia. Tras unha semana de posta ao día, este luns xurou o seu cargo nun acto na Subdelegación do Goberno en Pontevedra no que asegurou que afronta esta nova etapa con "ilusión, responsabilidad, reflexión, análisis y trabajo".
Nacido en Vigo, este cargo supón unha volta á casa despois de tres anos como comisario principal de Cádiz. Antes, dende que ingresou no Corpo Nacional de Policía en 1974, desempeñou multitude de funcións en distintas cidades, entre elas Barcelona, Alxeciras, Sevilla, A Coruña, Baleares ou Córdoba e entre os anos 2004 e 2009 foi xefe da Unidade Adscrita da Xunta.
Entre esas cousas a mellorar en Pontevedra destaca, como unha das súas preocupacións, que a Comisaría Provincial non conte cun equipo de atención especializada en atencón a mulleres e vícitmas de violencia de xénero e familiar e domestica. "Me preocupa. Habrá que verlo cuanto antes", asegurou en declaracións aos medios tras a súa toma de posesión, na que lle apadriñar o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, e o xefe Regional de Operacións da Policía Nacional, Félix Díaz.
Bouzas vive esta nova etapa como "un retorno a la tierra, una reunificación familiar y un reto importante en lo profesional" e nos seus primeiros días encóntrase nunha "fase de análisis" na que está a revisar o equipo, instalacións, recursos e problemáticas específicas de Pontevedra. Unha delas é o narcotráfico, unha modalidade delituosa en acumúlaa experiencia profesional tanto en Galicia coma en Andalucía e Marrocos e que "me preocupa, claro que me preocupa".
Aplaude que en Pontevedra hai dúas unidades especializadas na loita contra o crime organizado que "están a traballar moito e ben", a Udyco e o Greco, pero asegura que "si puedo potenciar algo, lo potenciaré", pois é da opinión "de que a loita contra o narcotráfico require unha actuación policial integral" que debe marcarse como obxectivo "desmontar estructuras financeras y organizativas" e non só a aprehensión de determinados alixos de droga.
Destes primeiros días de traballo na Comisaría Provincial sorprendeulle descubrir que en Pontevedra hai unha problemática específica de roubos e furtos de bicicletas, pero el móstrase máis preocupado polos roubos en vivendas, un tipo de delito que "me preocupa mucho" e que en toda España é unha das prioridades da Dirección Xeral da Policía porque supón alterar as persoas "su reducto, su castillo, su intimidad".
Relacionadas:
-
A comisaría de Pontevedra estrea unha unidade especializada de atención á familia e á muller
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
Manuel Bouzas, comisario da Policía Nacional: "Pontevedra é unha cidade de delitos caseiros"
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
O xefe provincial da Policía Nacional en Pontevedra, Guillermo Sánchez, deixa o cargo por xubilación
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |