Evacuada en Vilagarcía unha muller por inhalación de fume tras declararse un incendio na súa vivenda
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/134/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0knKLynJz1WyrgUA_/55b75f474b-11752557_486464028178853_5876518706877049673_n.jpg)
© Protección Civil de Vilagarcía
Unha muller resultou ferida en Vilagarcía tras declararse a última hora do luns un incendio dentro da súa vivenda.
O suceso aconteceu minutos antes das 20:00 horas na rúa Extramuros da localidade arousana, cando por causas que se descoñecen se iniciou o lume nun dos cuartos do apartamento.
Os Bombeiros do Salnés conseguiron sufocar o lume, confirmando que como resultado quedou calcinado un colchón.
Ao lugar tamén se desplzaron efectivos de Protección Civil, Policía Local, Policía Nacionall, Servizo Municipal de Emerxencias e 061, que evacuou a muller debido á inhalación de fumes, segundo explicou o Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia 112.