O campo de traballo internacional repite en Cotobade
Por Oskar Viéitez
O Concello de Cotobade, por segundo ano consecutivo, acolle un Campo de Traballo Internacional. Este luns deu comezo unha nova edición con 19 rapaces de diferentes nacionalidades.
O éxito da convocatoria anterior demostrou que esta iniciativa ademais do traballo en beneficio da comunidade local, pretende tender pontes a outras culturas, fomentar a curiosidade polos diferentes pobos, para coñecer e comprendernos mellor
O proxecto ten como obxectivos: limpar e acondicionar viais, rutas e zonas de interese ambiental. Tamén evitar a proliferación de maleza en zonas de tránsito dos sendeiristas. E poñer en marcha un plan conxunto de coidado ambiental dentro do marco do Alto da Cruz do Castro.
Ademais deste traballo directo esta inciciativa é un espazo para o traballo desinteresado, dando resposta concreta a unha situación a través da solidariedade.
O campo de traballo ten unha duración de 10 días dende o 27 de xullo ao 05 de agosto.