Un xulgado de Madrid abre dilixencias contra o ex alcalde Pedrosa pola súa xestión de Sasemar
Por Redacción
Un xulgado de Madrid abriu xa dilixencias para investigar ao ex alcalde de Pontevedra Juan Luis Pedrosa pola súa xestión como director da Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima (Sasemar). Fíxoo unha vez que a Fiscalía Provincial de Madrid presentou denuncia contra el por suposta prevaricación. O político foi rexedor do PP na capital entre 1995 e 1999 e dende o ano 2012 é director de Sasemar.
O caso ten a súa orixe nunha denuncia da Plataforma en defensa do Sector Marítimo Pesqueiro de Galicia (Pladesemapesga) presentada inicialmente na Fiscalía da Coruña, pero que foi derivada a Madrid por cuestións competenciais.
Pladesemapesga denunciou unha presunta fraude millonaria presuntamente cometida en Las Palmas ao abandeirar embarcacións de Sasemar en Canarias para evitar evadir pagamento do IVE. Os 74 buques de Sasemar están abandeirados en Las Palmas, pero prestan servizo en todo o territorio nacional.
A denuncia tamén pon en dúbida a compra de material para eses buques que, sempre segundo a versión da plataforma, nunca chegou ao seu destino. A asociación chama tamén a indagar a investigar a súa situación patrimonial e a do seu ámbito familiar.