Cabréase coa súa parella e se "desafoga" esnaquizando os espellos de 11 vehículos
Por Oskar Viéitez
Un mozo de 25 anos de idade, veciño de Pontevedra, con antecedentes policiais, foi detido pola Policía Nacional como presunto autor dun delito de danos durante o transcurso dunha discusión.
Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría Provincial, os feitos sucederon na madrugada deste venres día 31 de xullo cando se recibiu unha chamada un veciño de Pontevedra alertando da presenza dun individuo golpeando os vehículos aparcados na vía pública aos que rompera o espello retrovisor cunha barra de ferro.
Ao parecer o individuo mantiña unha forte discusión cunha rapaza ao tempo que golpeaba os espellos retrovisores que encontraba ao seu paso a pesar de que a rapaza trataba de impedirllo.
Os axentes efectuaron unha batida pola zona e localizaron o mozo na Praza de Barcelos, quen ao detectar a presenza policial intentou ocultar a barra de ferro coa que presuntamente tería golpeado os espellos retrovisores.
Os axentes procederon á identificación e detención do presunto autor do delito de danos salientado, que prestou declaración en dependencias policiais.
Tras efectuar unha inspección ocular na zona, os axentes detectaron ata 11 vehículos cos espellos retrovisores danados nas rúas Cruz Vermella e Álvaro Cunqueiro.