Un mozo empréndea a golpes contra dous policías de paisano cando ían detelo por un roubo
Por Redacción
Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron un home de 20 anos de idade, veciño de Pontevedra, con antecedentes policiais por un delito de resistencia a axentes da autoridade e roubo con forza.
Segundo fontes oficiais da Comisaría Provincial de Pontevedra os feitos aconteceron sobre as 4.50 horas deste mércores, cando se recibiu unha chamada alertando da comisión dun roubo nun establecemento comercial, sito na rúa Cobian Areal, desta localidade, neses instantes.
Os axentes desprazáronse ao devandito lugar constatando que a porta do local se encontraba aberta, fora forzada e non había ninguén no seu interior.
Unha dotación uniformada permaneceu no lugar custodiándoo ata a chegada dos responsables deste e nas inmediacións, por axentes de paisano, foi localizado un individuo coñecido polos axentes como autor de feitos de similar natureza.
Este home ao tratar de ser identificado polos actuantes, dirixiuse aos policías "de forma despectiva e facendo caso omiso aos seus requirimentos trato de fuxir, golpeando aos axentes que utilizaron a forza minima indispensable para reducilo", sinalan estas fontes oficiais.
Polo narrado os axentes procederon á súa detención, tramitándose o preceptivo atestado policial que unha vez finalizado foi remitido ao Xulgado de Instrución en Funcións de Garda, a cuxa disposición paso o detido.
Significar que este mozo tamén foi detido o pasado 10 de agosto, sobre as 17.30 horas, tras a investigación practicada por axentes da Comisaría que derivaron na súa identificación como presunto autor dun delito de roubo con forza nun establecemento comercial, sito na rúa Peregrina, que aconteceu o pasado día 21 de xullo, e no que tras violentar a persiana de acceso ao local subtraeron unha caixa metálica que contiña 220 euros, extremos que a través do preceptivo atestado foron postos en coñecemento do Xulgado de Instrución competente.