Cuntis reclama ao Estado melloras na seguridade viaria e a construcción de beirarrúas
Por Redacción
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, mantuvo este martes una reunión de traballo co xefe territorial de Estradas do Estado en Pontevedra, Pablo Domínguez na que falaron da mellora da seguridade viaria na travesía urbana de Cuntis.
O xefe territorial comprometeuse a estudiar a mellora da sinalización, especialmente dos pasos de peóns.
O alcalde de Cuntis, que estivo acompañado en dita reunión pola primeira tenente de alcalde, Conchi Campos, tamén presentou un informe sobre a situación actual das beirarrúas no casco urbano do municipio, para que se acometa a súa renovación, así como o asfaltado da estrada nas zonas que presentan maior deterioro.
Asimesmo solicitaron a construción de beirarrúas en San Ildefonso-Troáns e en Novás- Portela.
Ademáis os responsables muncipais interesáronse polo estado da cesión dos tramos antigos da estrada nacional N-640 solicitados dende hai anos polo Concello.