Un policía local ferido ao caer da súa moto no cruzamento de Daniel
Por Redacción
Os servizos de emerxencia do 061 atenderon este mércores a un Policía Local de Pontevedra tras sufrir un accidente coa súa moto no cruzamento de Daniel.
O suceso produciuse a última hora da tarde no cruzamento con prioridade peonil entre Daniel de la Sota e Benito Corbal pintado actualmente de granate.
Segundo apuntan testemuñas presenciais unha mancha de aceite na calzada estaría destrás do accidente ao converter o firme en extremadamente escorregadizo.
O axente foi trasladado en ambulancia ao Hospital Domínguez cunha forte dor nas costelas.