Agustín Fernández critica á concelleira de Urbanismo e mantén que buscarán fórmulas para retomar o PXOM
Por Redacción
O portavoz do grupo municipal socialista, Agustín Fernández, considera improcedente que a concelleira de Urbanismo, Carme da Silva, mostre a súa satisfacción porque un informe do secretario do Pleno poña obstáculos á elaboración dun documento necesario como o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
O representante socialista sinalou que se trata dunha proposta aprobada polo pleno co apoio de todos os grupos da oposición e por unha comisión informativa e entende que a concelleira de Urbanismo tería que estar a buscar alternativas para ver que proxectos se poden desenvolver.
Ademais, Fernández indica que a responsable de Urbanismo ten que xustificar por que un informe necesario como é do secretario do Pleno aparece un mes máis tarde de que se leve á comisión e ao pleno.
Por último, o concelleiro socialista entende que o técnico do Concello só encontra defectos formais, que son doadamente subsandables. E por este motivo, indicou que Marea Pontevedra ou o propio PSOE volverá levar ao pleno este tema para que se retome a elaboración do PXOM.
Relacionadas:
-
Novo 'asalto' da oposición en pleno para forzar o BNG a aprobar un novo PXOM
Por Alejandro Espiño |
-
O secretario do Pleno tomba as propostas da oposición para retomar o PXOM
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
PXOM por partida dobre no Pleno municipal
Por Alejandro Espiño |
-
O PXOM une a toda a oposición en contra do BNG
Por Redacción |