O goberno local de Cuntis culpa da perda dunha subvención á "nefasta" xestión do anterior alcalde
Por Oskar Viéitez
O goberno bipartito de Cuntis (PSOE-BNG) culpou da perda dunha subvención á "nefasta" xestión do anterior alcalde, Antonio Pena (PP).
"O Concello de Cuntis está a sufrir una vez máis a mala xestión de Antonio Pena e do Partido Popular na pasada lexislatura", din nun comunicado emitido dende o gabinete da Alcaldía cuntiense.
É a reacción do goberno local logo de recibir comunicación da Consellería de Presidencia na que se lles informa da revogación da axuda ao programa "Cuntilín", que presta a concellería de Igualdade e Servizos Sociais.
"A xestión foi tan nefasta como se indica na propia resolución da consellería", aseguran estas mesmas fontes.
O programa Cuntilín desenrolábase no Colexio Don Aurelio para que todas aquelas familias que o desexaran tivesen a posibilidade de deixar aos seus nenos desde as 8 da mañá co "Plan Madruga". E polas tardes, despois do horario lectivo, tiña o "Espazo de Xogo", a través do cal levábanse a cabo unha serie de actividades extraescolares como estudo guiado, teatro, manualidades, xogos, pintura, deporte, entre outras, no propio colexio ata as 21.00 horas e, ademáis, contábase con atención psicopedagóxica especializada nos casos en que fora necesario.
O programa, que era impartido por persoal cualificado, pretendía facer do centro escolar un espazo de aprendizaxe e divertimento para os rapaces fora do seu horario escolar, e, ao mesmo tempo, trata de conciliar a vida laboral dos pais dos alumnos.