A Plataforma da PO-531 reclama á Xunta algunha das melloras prometidas na estrada entre Pontevedra e Vilagarcía
Por Redacción
O xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra, José Luis Díez, mantivo nas últimas horas unha reunión cos membros da Plataforma da PO-531 cos que analizou a viabilidade de poñer en marcha algunhas melloras de seguridade viaria no treito entre Pontevedra e Curro.
O presidente da plataforma, Manuel Corredoira, trasladou ao xefe territorial a necesidade de execución dalgunha das melloras contempladas no proxecto de reforma e mellora da PO-531 entre Pontevedra e o nó de Curro, co obxectivo de garantir a seguridade viaria e a mobilidade neste tramo.
José Luis Díez recordou que o ano pasado xa se levou a cabo unha obra de mellora do firme desta estrada co que a Consellería buscaba prolongar a vida útil do firme desta estrada. Nesta actuación fresáronse 71,18 quilómetros cadrados, cun orzamento de 600.000 euros que beneficiou non só os veciños de Alba e Curro, senón tamén aos de Vilagarcía, Caldas, Meis, Poio e Pontevedra que circulan por esta estrada diariamente.
Os membros da plataforma trasladaron ao xefe territorial que son conscientes de que a actual situación económica está a retrasar a posta en marcha do proxecto global de reforma desta estrada, xa redactado. Pero solicitaron que, a lo menos, se acometan algunhas actuacións de mellora da seguridade viaria. Especialmente interesados mostráronse na reforma do paso inferior da Bretoña, próximo á rotonda pequena de Curro, así como do entronque da estrada co polígono industrial de Sequeiro.
José Luis Díez confirmoulles que agora serán os técnicos os que estuden estas solicitudes e analicen a viabilidade da execución destas obras para posteriormente darlle traslado á Axencia de Infraestruturas de Galicia.
Relacionadas:
-
A consellería busca o consenso da veciñanza da Devesa para instalar unha rotonda
Por Redacción & Oskar Viéitez |
-
A Xunta analiza cos afectados pola PO-531 a construción dunha nova rotonda
Por Redacción |
-
Os veciños esixen á Xunta a reforma da estrada de Vilagarcía
Por Redacción |
-
Abraldes demanda á Xunta melloras urxentes na seguridade da PO-531
Por Redacción |
-
Louro recrimina á Xunta que paralice a reforma da PO-531 porque a crise "non pode ser a coartada para todo"
Por Redacción |
-
A Xunta non ten cartos para acometer a reforma da estrada de Vilagarcía
Por Redacción |