A consellería busca o consenso da veciñanza da Devesa para instalar unha rotonda
Por Redacción & Oskar Viéitez
Técnicos da Xefatura Territorial de Infraestruturas e Vivenda da Delegación Territorial de Pontevedra analizaron esta tarde cos veciños da Devesa as melloras de seguridade viaria na estrada entre Pontevedra e Vilagarcía, a PO-531.
O xefe territorial de Infraestruturas, José Luis Díez, xunto ao o xefe do servizo de Infraestruturas de Pontevedra, Fausto Núñez, expuxo aos representantes da plataforma da PO-531 o estudo previo realizado para a execución dunha rotonda nesta zona que facilite a circulación viaria e que permita gañar en seguridade viaria nesta estrada, que conta cun elevado número de vehículos, máis de 20.000.
O obxectivo desta reunión foi obter o máximo consenso posible entre administración e veciños de cara a conseguir a viabilidade do proxecto, xa que os veciños deste lugar tamén demandaron a execución dun novo vial de medio quilómetro de lonxitude, que enlazaría o núcleo urbano da Devesa con esta nova rotonda e co lugar de Reariz.
José Luis Díez ademais deu traslado aos representantes da plataforma e dos veciños da declaración fai uns días da utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de mellora da seguridade viaria da estrada Pontevedra- Vilagarcía (PO-531), en Barro, na zona de acceso ao polígono de Sequeiros.
Relacionadas:
-
A mellora da PO-531 comeza no acceso ao polígono de Sequeiros
Por Redacción |
-
A Xunta licita as obras para mellorar a seguridade viaria na estrada PO-531 en Barro
Por Redacción |
-
Vía libre para as expropiacións do acceso ao polígono de Sequeiros desde a PO-531
Por Redacción |
-
Os veciños esixen á Xunta a reforma da estrada de Vilagarcía
Por Redacción |
-
A Plataforma da PO-531 reclama á Xunta algunha das melloras prometidas na estrada entre Pontevedra e Vilagarcía
Por Redacción |