Ferido un motorista de 25 anos tras bater contra un turismo en Cambados
Por Redacción
Un mozo de 25 anos resultou ferido nun accidente de tráfico que se produciu esta madrugada na PO-549, á altura de Corbillón (Cambados).
Segundo informan os servizos de emerxencia, o sinistro tivo lugar sobre as 04.40 horas cando a vítima, que circulaba en moto, chocou de forma frontolateral cun turismo particular, un Seat Ibiza cuxa condutora trataba de incorporarse a outra estrada e non se decatou de que se lle achegaba o motorista.
O mozo, veciño de Vilanova de Arousa, foi trasladado por unha ambulancia do 061 ao Hospital do Salnés. Estaba bastante magullado e presentaba dores na zona cervical e lumbar.
OUTRO ACCIDENTE EN SANXENXO
A outro accidente ocorrido tamén esta madrugada acudiron os servizos de emerxencia, neste caso os de Sanxenxo. Foi unha saída de vía que protagonizou un turismo na zona de Gondar. O condutor resultou ileso no sinistro.