O Porto de Marín rexistra un crecemento do 12% ata o mes de agosto
Por Redacción
O tráfico acumulado de mercadorías ata o mes de agosto no Porto de Marín supera nun 11,82% ao mesmo período do ano anterior confirmando así a tendencia á alza que está a experimentar Marín durante este exercicio 2015.
Por grupo de mercadorías, o balance provisional sinala que o incremento se produce tanto nos graneis sólidos (+18,53%) como na mercadoría xeral (+7,01%). Así mesmo, o número de buques e a súa capacidade total é superior ao do pasado exercicio.
Entre as mercadorías que máis incremento experimentan destacan os colectores superando nun 45% ás cifras de 2014, debido principalmente á consolidación do Porto de Marín como primeira escala en Europa para as grandes rutas transoceánicas.
Tamén é significativo o aumento das descargas de pesca conxelada con destino ás plantas frigoríficas situadas no recinto portuario que son un dos principais polos de creación de emprego da comarca.