Os veciños de Bueu afectados por un desafiuzamento piden apoio en Change para obter "unha saída digna"
Por Oskar Viéitez
Os veciños do Edificio Pintos de Bueu, afectados por unha sentenza de desafiuzamento piden apoio na plataforma 'change.org' para demandar "unha saída digna e xusta" á situación na que se atopan.
Segundo explican na web, en marzo do ano 1986, o concello de Bueu concedeu unha licenza que permitía ao promotor construír 90 centímetros de máis nunha das fachadas do edificio, daquela esa licenza foi revisada pola Comisión Provincial de Urbanismo en xuño de 1986; e o concello actuando "con evidente pasividade" (tal como indica a sentenza) permitiu seguir construíndo e que o edificio se terminase de construír.
No ano 1987, os veciños compraron as súas vivendas de protección oficial ante notario, as escrituraron no rexistro da propiedade, pagaron as plusvalías que o propio concello pasoulles, así como o resto de impostos municipais ao longo de todos estes anos.
Agora, 28 anos despois de que empezasen a vivir nesas vivendas, e 25 anos despois dunha sentenza do ano 1990, que coñeceron no ano 1993, o condenado (é dicir, o concello) desalóxalles forzosamente o 2 de novembro de 2015 indicándolles que colocará os seus enseres, nunha lona a pé de obra onde serán tratados como residuos (tal como indica a orde de desaloxo forzoso que lles envía ao alcalde), a xa coñecida como "a lona da vergoña de Bueu".
"Todo iso sen indemnizarnos, sen preocuparse de onde van vivir esas familias ás que pon na rúa, e entre as que hai cinco familias con discapacidades", din estes veciños, que non dubidan en cualificar o que está a suceder como un "atropelo á razón".
Relacionadas:
-
O Concello de Bueu pide perdón aos propietarios do edificio declarado ilegal polo TSXG
Por Redacción |
-
O alcalde de Bueu comunica aos veciños do edificio Pintos a intención de paralizar o desaloxo
Por Redacción |
-
Veciños de 19 vivendas de Bueu reclaman solucións a menos dun mes de ser desaloxados
Por Redacción |
-
A derriba dun edificio ilegal provocará o desaloxo de dezanove familias de Bueu
Por Oskar Viéitez |