Pontevedra accede por vez primeira ao comité executivo do Fondo Galego de Cooperación
Por Redacción
Pontevedra estará representada por vez primeira no comité executivo do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, o instrumento municipalista que coordina ás accións no eido da cooperación e o desenvolvemento en Galicia.
A renovación deste órgano, que tivo lugar durante a asemblea xeral celebrada este martes en Santiago de Compostela, permitiu que a representante pontevedresa, a concelleira de Benestar Social, Carmen Fouces, asuma o cargo de tesoureira.
O novo comité do Fondo Galego, entidade que está integrada por 85 concellos e as deputacións da Coruña e Lugo, terá como cometido guiar os pasos deste organismo nos próximos catro anos.
Neste sentido, a concelleira pontevedresa pediu a convocatoria dunha xuntanza "canto antes" co fin de deseñar o programa e a coordinación de axuda as persoas refuxiadas que están ás portas de Europa.
Esta reunión xa ten data. Será o próximo martes 6 de outubro na sede da FEGAMP en Santiago.
Relacionadas:
-
A experiencia do Fondo Galego, exemplo para Portugal, Alemaña e Holanda
Por Redacción |
-
Cooperación internacional: aprendizaxe e ensino para o empregado público
Por Cristina Saiz & Marisa Ciordia |
-
Portas abertas no Centro Sur
Por Redacción |
-
Estudan abrir un censo para ceder vivendas vacías en Pontevedra a refuxiados
Por Redacción |