A Festa do Marisco acolle a estrelas Michelín antes dunha fin de semana de gran actividade
Por Redacción
A Festa do Marisco continúa con numerosas actividades que se realizan ao redor da carpa da praza do Corgo. Este venres 2, o alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos, inaugurou a exposición 'Gran Hotel' e por outra banda una dos gaiteiros 'Os Mecos do Grove'.
A festa, como referente gastronómico nacional e internacional, conta coa Mostra de Cociña en Vivo e este venres inclúe ás 18.00 horas na carpa institucional coa celebración dunha mesa redonda na que os "estrela Michelín" Rafa Centeno, Inés Abril e Javier Olleros falarán das posibilidades culinarias que ten o marisco. O evento conta coa intervención do xornalista Carlos Crespo.
Tamén este venres ponse en marcha a Mostra de Pinchos coa participación de diversos restaurantes locais. A partir deste sábado 4 comezarán as sesións de "Cociña en vivo".
A partir das 23.00 horas comezará o concerto de Fla-Meco, CoversBand e de The Limboos no escenario da carpa de degustación. O sábado será Loquillo quen suba a este escenario.