O PP celebra o premio de Hong Kong para Pontevedra pero agarda máis "transparencia" nos gastos
Por Redacción
Desde o Partido Popular aseguran que "nos alegra profundamente" o novo premio que recibirá Pontevedra polo seu modelo urbano, que recollerá o alcalde en Hong Kong o próximo 24 de novembro, porque segundo o concelleiro Rafael Domínguez "todo premio que reciba es poco porque Pontevedra es la ciudad más bonita del mundo".
Pero os populares esperan unha maior "transparencia" nos gastos que vaia a xerar. O contrario sería, dixo, políticas "caducas y rancias" que o goberno municipal debe desterrar.
O PP espera que nas próximas viaxes que realice o Concello haxa unha relación "clara" dos gastos que se produciron, dos contactos que se realicen no destino en cuestión e, sobre todo, que se faga un estudo para ver o retorno económico que tivo para a cidade de Pontevedra.