A cervexa gaña á auga en Campelo
Por Diego Torrado
Pode chover de xeito intermitente porque non importa en Campelo, onde o líquido elemento perde a batalla coa cervexa.
Durante toda a fin de semana a afluencia á carpa instalada na Praza da Granxa foi notable para gozar do Oktober Festival organizado pola Asociación Deportiva Cultural de Campelo.
Ademais de cervexa e salchichas, a terceira edición do evento planificouse cunha variada programación de actividades musicais e tamén deportivas.
A previsión da organización era poder servir máis de 3.000 litros de cervexa e 2.000 racións de comida entre salchichas e hamburguesas.
A recadación será destinada a pagar as actividades que a asociación organiza durante todo o ano.