Adxudican por 41.000 euros o derrubamento dos chalés de Dorrón
Por Redacción
O derrubamento dos chalés inacabados en Torre-Dorrón, Sanxenxo, é agora si inminente unha vez que o Concello anunciou a adxudicación da obra.
A empresa Nexia Infraestructuras SLU será a encargada de realizar os traballos ao presentar unha oferta de 41.744,15 euros, IVA incluído, o que supón unha importante rebaixa ao orzamento que plantexaba o proxecto técnico (55.000 euros).
Trala firma do contrato a empresa conta con 15 días para presentar o plan de seguridade da obra e despois dispoñerá de 20 días para executar os traballos.
O derrubamento destas vivendas foi requirido polo Xulgado do Contencioso Administrativo en maio de 2014, data na que resolve o primeiro recurso presentado polo Concello para tratar de evitar esta responsabilidade.
As licenzas dos catro chalés de Ferro Messego xunto ao cemiterio de Dorrón anuláronse por sentenza xudicial en abril de 2008, ao incumplir os 50 metros de separación obrigada entre a urbanización e o camposanto.