Case 50.000 euros para reformar os vestiarios do Pavillón do Sequelo
Por Redacción
Os vestiarios do Pavillón de Sequelo serán reformados despois de que o pasado 17 de setembro fose aprobado o convenio de Cooperación entre a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Marín para acometer estas obras.
O importe total das actuacións é de 48.976 euros segundo a memoria descritiva das obras, que foi remitida polo arquitecto técnico municipal das necesidades para que este pavillón poida contar cuns vestiarios máis adecuados. Os actuais teñen carencias importantes derivadas do seu uso e necesitan dunha remodelación.
Este pavillón ademais de dar soporte ao colexio de educación primaria de Sequelo, conta polas tardes coas actividades deportivas extraescolares, ademais de dispoñer da recente instalación da pista de madeira que permite a práctica deportiva nunhas mellores condicións.
Os vestiarios serán remodelados, demolendo os tabiques e van levarse a cabo traballos de fontanería, alicatado, electricidade, albañelería, carpintería e pintado.
Iniciouse un procedemento de contratación e nos próximos días será adxudicada a obra para poder iniciala canto antes, segundo informa o goberno local de Marín.
Con este convenio, a Secretaría Xeral para o Deporte asume a totalidade da achega económica, tratando de colaborar sempre que o Concello para mellorar e traballar nas súas instalacións deportivas.
Relacionadas:
-
María Ramallo anuncia 900.000 euros en investimentos para o último trimestre do ano
Por Redacción |
-
Novo asfaltado para O Casal e o Colexio Sequelo, o Pavillón da Laxe terá que esperar
Por Oskar Viéitez |
-
O Pavillón da Laxe poderá seguir empregándose malia a caída da parede dun almacén próximo
Por Redacción |