A carpa da Festa do Marisco do Grove albergará ata novembro actividades culturais
Por Redacción
A carpa institucional da Festa do Marisco do Grove, instalada na Praza do Corgo, vai seguir albergando actividades ata o próximo oito de novembro. Ante a carencia dun espazo idóneo, isto é, dun auditorio e a oferta de actividades diversas, o Concello ha dedicido manter dita carpa como emprazamento para realizar as actividades previstas por colectivos culturais e educativos do municipio meco.
Desde a administración local lembran que a carpa institucional está dotada de sala de exposicións e un auditorio con 420 prazas. Conscientes de que con todo, non é un emprazamento adecuado, esperan unha asistencia masiva dos cidadáns, para evidenciar a necesidade dunha infraestrutura cultural adecuada para O Grove.
O programa xa se desenvolve desde esta fin de semana cun ciclo de teatro que correrá a cargo de compañías galegas dentro do Circuíto galego de Teatro Amador. Será todos os sábados ás 21.00 horas e abre este sábado 17 a obra "Un cabaret de película" que pon en escena Farandoleiras. O domingo 18 tamén se inicia outro ciclo para o público infantil. Proxectarase ás 19.00 horas a película de Disney Pixar "Big Hero". Xunto a estas propostas tamén están confirmadas dúas exposicións e en breve espérase completar o programa con actuacións musicais, de baile e conferencias.
Fóra deste espazo, o Concello tamén ofrece outras alternativas culturais. Desde o mediodía deste sábado 17 pódese visitar na Sala das Cunchas e das Dornas a exposición colectiva de Artegrove; e media hora despois a mostra de fotografías sobre a Festa do Marisco, realizada por alumnos do colexio Vale Inclán, dentro do proxecto "Vivir tocando o mar".
Relacionadas:
-
A Festa do Marisco do Grove rebaixa as súas perdas á cifra de 73.900 euros
Por Redacción |
-
Éxito da Festa do Marisco que pecha a súa edición de 2015 con máis de 530.000 euros en vendas
Por Redacción |
-
O Grove entrega as súas 'Centolas de Ouro'
Por Redacción |
-
O marisco tamén marida coa cultura máis popular no Grove
Por Redacción |