Rouban 3.000 metros de cable de cobre do cemiterio de San Salvador de Poio
Por Redacción
A Garda Civil investiga o roubo duns 3.000 metros de cable de cobre que foron subtraídos do cemiterio de San Salvador de Poio nos últimos días.
Polo momento descoñécese a data na que se cometeu o roubo, pero en todo caso tería sido ao longo desta última semana, segundo puido saber PontevedraViva.
Sospéitase que o roubo se produciu de noite, aproveitando que o camposanto está pechado. Para iso, os autores do roubo tiveron que saltar o muro que rodea as instalacións.
En concreto, o cable roubado corresponde co sistema de iluminación e subministración eléctrica dos panteóns do cemiterio. Para retiralo, os ladróns levantaron as arquetas e cortaron o cable de cobre que, posteriormente, sacaron fóra do cemiterio.
O valor do cable podería superar os 4.000 euros, segundo as primeiras estimacións.
Relacionadas:
-
A Garda Civil detén un individuo despois de sorprendelo roubando cableado de cobre
Por Redacción |
-
Detido por terceira vez nun mes por roubar cable do alumeado público
Por Redacción |
-
Os repetidos roubos de cable deixan sen internet ao polígono do Campiño e as parroquias da Reigosa e Xustáns
Por Oskar Viéitez |