Todo listo para que o xoves comecen as obras nos Campos
Por Redacción
Chegan, por fin, as obras de reforma urbana a Os Campos. O Concello comenzará este xoves 22 de outubro os traballos para executar a mellora da accesibilidade e seguridade viaria nesta zona, un dos principais accesos ao barrio de Monte Porreiro.
Concretamente, as actuacións terán como punto de partida a poda e a tala de diversas especies arbóreas situadas a carón da estrada para permitir a posterior construción de beirarrúas.
Os traballos comezarán as nove e media da mañá e a Policía Local elaborou un pequeno plan de tráfico xa que a rúa dos Campos manterá só un sentido de circulación durante estes traballos, en dirección a Monte Porreiro.
A obra, consensuada cos veciños da zona, permitirá reordenar o tráfico na glorieta da UNED e o colexio dos Campos. Ademais, construiranse beirarrúas en todo o ámbito e habilitaranse seis pasos de peóns elevados.
O proxecto inclúe tamén melloras estéticas como o acondicionamento das zonas axardinadas, a construción dunha senda peonil ou a mellora de todo o sistema de pluviais.
Os traballos foron adxudicadas á empresa EC Casas por 241.120 euros.
Relacionadas:
-
As obras nos Campos entran na súa recta final
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Concello alerta de que se detectan vehículos circulando a 120 km/h polos Campos
Por Redacción |
-
En Os Campos din 'si' aos lombos
Por Alejandro Espiño |
-
Adxudican a EC Casas a mellora do acceso a Monte Porreiro por Os Campos
Por Alejandro Espiño |