Ciudadanos pon rumbo ao 20-D coa elección do seu comité de campaña en Pontevedra
Por Redacción
Ciudadanos xa traballa a pleno rendemento para a campaña para as eleccións xerais do próximo 20 de decembro.
María Rey, concelleira en Pontevedra, presentou este mércores ao equipo que se encargará de coordinar a acción política durante este período e que está formado integramente por afiliados, algo que mostra, destacou que "a nosa agrupación crece, sinal de que a nivel local estamos a facer as cousas ben".
O coordinador da campaña provincial será Miguel Ángel Castro, que avanzou que os afiliados serán os protagonistas dunha campaña "chea de propostas, humilde, sensata e limpa".
Estará acompañado nesta tarefa por Christian Ramírez Ferro, responsable de Comunicación, David Matías Izquierdo Ojea, responsable de Loxística e Cintia Solla Besada, responsable de Recursos Humanos.
"Estes son o responsables pero todos temos que colaborar e achegar na campaña. Saímos a gañar o partido. Ciudadanos é o cambio que necesita España e viñemos para quedarnos", afirmou María Rei.
O coordinador de campaña dirixiuse aos afiliados reunidos no Café Bar Carabela para explicarlles que "o proxecto Ciudadanos xa está en marcha, temos ilusión, ganas e sobre todo, dispoñemos dun gran equipo de xente preparada que vive no mundo real".
Miguel Ángel Castro reiterou que "chegou o noso tempo", especialmente porque "contamos co líder mellor valorado de España".