Os Autónomos de Galicia sitúan a Pontevedra como a capital galega que antes paga os proveedores
Por Redacción
Pontevedra é a capital de provincia co concello que está máis preto de cumprir a Lei de Morosidade. Desde esta administración efectúanse os pagos a provedores en 36,6 días de media segundo os datos que se extraen dun estudo realizado pola Asociación de Autónomos de Galicia. A seguinte capital que ofrece un mellor dato é Lugo con máis de 59 días de demora. En todo caso, a cidade galega que paga de maneira máis puntual é Vigo cun prazo de 24 días.
No período analizado pola Asociación de Autónomos entre abril e agosto deste ano, Pontevedra pasou de pagar a 33,9 días durante o mes de abril a 36,6, un incremento de dous días neste estudo realizado con autonómos e provedores, sen ter en conta o tamaño da empresa. Aínda así, é o concello dos analizados que menos incrementou o seu prazo de pago das facturas e ademais logrou reducir a cantidade de débeda nun 62,5%.
A asociación realiza estes informes utilizando a data de emisión de facturas ou entrega de mercaderías ata o pago efectivo. Este colectivo reclama, entre outras medidas, crear un corpo de inspección que vixíe a morosidade e establecer unha recarga do 20% inmediato para todas aquelas administracións que non paguen nos prazos que establece a Lei de Morosidade.