O Concello paga os seus provedores en menos de 30 días por terceiro trimestre consecutivo
Por Redacción
O Concello de Pontevedra pagou durante o cuarto trimestre de 2013 facturas por valor de 12,8 millóns de euros e tardou unha media de 29,30 días en cumprir cos provedores. Os datos reflíctense no informe trimestral de morosidade, que confirma que a Administración local acumula tres trimestres consecutivos cumprindo coa obriga de pagar en menos de 30 días.
O edil de Facenda, Raimundo González, achegou o informe este venres e recoñeceu que houbo pagamentos fóra de prazo, pero asegurou que "a maioría das que se pagaron en maís de 30 días, pagáronse nos 9 días seguintes". Na súa opinión, "iso demostra a mala situación na que se encontra ou Concello nestes momentos" e " os provedores do Concello, en xeral, non teñen problemas" en relación cos cobramentos.
Dos 0,15 millóns de euros pagados fose de prazo nos tres últimos meses do ano o informe de morosidade recolle que "os maiores atrasos se producen na prestación de conformidade ás facturas, emisión de resolucións de aprobación ou correccións de erros".
Engadiu que "o Concello de Pontevedra paga, paga en prazo e non ten débedas pendentes" e que ese cumprimento de prazos se acumula dende abril de 2013. No primeiro trimestre o prazo medio foi de 33,54 días e a partir de entón foron (por orde cronolóxica) 24,59 días, 29,63 días e 29,30 días.
PLAN ECONÿMICO-FINANCEIRO PREVENTIVO
Raimundo González anunciou este venres que o Concello está a elaborar un plan económico e financeiro preventivo en relación coa nova Lei de Estabilidade Presupostaria. O Ministerio de Facenda non llo pediu, pero empezaron a redactalo en prevención de que llo reclamen.
A lei establece dúas variables que deben cumprir os concellos, a estabilidade e o teito de gasto. González Carballo está seguro de que Pontevedra cumprirá coa estabilidade ("cumprimos sempre"), pero xa prevé que no próximo periódo en que deba render contas a Facenda hai posibilidades de non cumprir co teito de gasto. Isto débese a que o Concello aprobou facer investimentos con cargo aos remanentes de tesouraría municipais, pero atendendo á normativa estatal non podería.
Aos municipios que non cumpren co teito de gasto, o Ministerio pediralle un plan económico e financeiro, de modo que o Concello de Pontevedra ten decidido ir elaborándoo xa e, en canto llo pidan, xa o terá preparado e previsiblemente tamén aprobado pola Xunta de Galicia.
Relacionadas:
-
Os Autónomos de Galicia sitúan a Pontevedra como a capital galega que antes paga os proveedores
Por Redacción |
-
A demora media de pagamento a provedores no Concello de Pontevedra redúcese a 18 días
Por Redacción |
-
Pontevedra segue pagando as súas facturas cun retraso menor aos 30 días que marca a lei
Por Redacción |
-
O Concello reduce a unha media de 33 días a espera dos provedores para cobrar unha factura
Por Alejandro Espiño |