Concentración contra o asasinato machista da viguesa María José Rodrigues
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A Plataforma Feminista Galega en Pontevedra reuniu máis de medio centenar de persoas ante a Audiencia Provincial durante a noite deste sábado 31 para manifestar a súa repulsa ao último asasinato machista, o rexistrado en Vigo e que terminou coa vida de María José Rodrigues de 71 anos de idade.
As integrantes do colectivo foron nomeando a todas as vítimas de violencia de xénero durante este ano e depositando cartolinas nas que se podía ler "Estannos matando" e "Violencia Machista, cuestión de Estado", ademais de folios de cor violeta cos nomes de cada unha das mulleres asasinadas.
A portavoz da plataforma destacou os seis crimes que levan rexistrados en Galicia durante este 2015. Na concentración estiveron presentes a concelleira do BNG, Pilar Comesaña, o portavoz do grupo municipal socialista, Agustín Fernández e varios integrantes de Marea Pontevedra.
O acto de recordo finalizou coa reclamación de máis recursos das administracións públicas para facer fronte a esta grave problemática e sinalando que ningún asasinato é apaixonado.
PANCARTA EN MARÍN
O Concello de Marín colgou tamén unha pancarta reivindicativa en el edificio municipal como recordo ás vítimas de violencia de xénero. A Mesa contra a violencia, o Consello da Muller, o CIM e o Pleno da Corporación acordaron ter este lema exposto durante todo o mes de novembro para sensibilizar os cidadáns contra esta lacra social.
Relacionadas:
-
Photocall e gymkana, entre outras actividades, para reivindicar a igualdade de xénero
-
A Deputación critica a política "machista" das mulleres e os homes do Partido Popular
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Carmela Silva urxe a Feijóo a elaboración dun protocolo de actuación ante os crimes de mulleres
Por Redacción |
-
Pontevedra, unida pola dor e a rabia: "Conchi, no noso corazón para sempre"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |