As oficinas de turismo de Vilagarcía recibiron case 14.000 visitas entre xuño e setembro
Por Redacción
Os turistas que acudiron ás oficinas de Turismo de Vilagarcía foron 13.907, dos que 11.468 se rexistraron na oficina do Cavadelo e o resto, no Centro de Interpretación da Ría de Arousa (CIRA) no paseo marítimo. A estas cifras hai que engadirlle aos 2.023 persoas que visitaron tanto o Museo do Ferrocarril como o propio CIRA. Esas 14.000 consultas supoñen aproximadamente un 33% máis que os rexistrado no 2014.
Dos datos recollidos na propia base elaborada polas técnicas do departamento de Turismo pódese extraer un perfil bastante aproximado do turista que se achega ás oficinas para solicitar información: o 58.97% son nacionais, o 36.26% galegos e o resto, estranxeiros (4.78%).
A nivel nacional, o 24.7% dos visitantes que se achegan ás oficinas proceden da Comunidade de Madrid, o 14.12% de Asturias, o 10,61% do País Vasco e o 10.01% de Castilla-León. Seguen: Andalucía (9.94%), Cataluña (6.93%) e Valencia (6.15%). En menores porcentaxes tamén houbo visitantes desde Castilla la Mancha, Cantabria, Aragón e Extremadura.
En referencia a los turistas procedentes de Galicia, o 60.97% proceden da provincia de Pontevedra, o 34.68% de A Coruña, de Lugo o 2.29% e de Ourense o 2.06%.
Respecto a los turistas de orixe estranxeiro, os que máis visitaron a cidade procederon de Francia (26.77%), seguidos de Gran Bretaña con un 18.31% . Os portugueses significaron o 14.57%, chegou un 12.2% desde Alemaña, un 5.12% desde Arxentina e un 3.54% de Suíza. En menores porcentaxes tamén chegaron turistas belgas, norteamericanos, irlandeses, italianos, brasileiros e australianos.
O 69.33% dos visitantes que se achega a Vilagarcía dedican unicamente unha xornada a coñecela, considerándoa como punto de paso.
Referente al tipo de aloxamento escollido polos turistas, puídose comprobar que o 45.15% pernocta en casa/apartamento de aluguer, seguidos do 27.89% que decide optar por aloxamento hostaleiro (hotel/apartahotel/hostal/camping/casa rural), o 15.35% se aloxa en casa de familiares ou amigos, e o 8.77% ten a súa segunda residencia en Vilagarcía. Un pequeno porcentaxe, o 2.84%, utiliza a súa propia embarcación para pernoctar.
Con respecto al transporte cabe destacar que o 61.34% viaxa en coche, o 31.51% en autobús e o 3.9% en avión.
Durante estes meses tamén se puido observar que o 46.85% dos turistas/visitantes que se achegaron a Vilagarcía voltarían a escollela como lugar de veraneo, mentres que o 53.15% visitábaa por vez primeira.