A UNED acolle cursos para formar xuristas líderes
Por Redacción
O Centro Asociado da Uned en Pontevedra, en colaboración coa Escuela Europea de Líderes vai acoller tres programas de formación especializada para xuristas na sede de Monte Porreiro.
O primeiro destes programas é o Título de Experto en práctica xurídica, oriéntase cara a aqueles alumnos que desexen enfocar a súa carreira profesional cara ao ámbito empresarial. Este curso, que se desenvolverá do 14 de novembro ao 7 de marzo, ofrece ademais a posibilidade de realizar seis meses de prácticas non remuneradas nun despacho de avogados. O título, que será impartido por Marco Antonio Candal Quiroga, avogado experto con máis de 23 anos de exercicio profesional, estará suxeito á superación dun exame final.
A segunda titulación ofertada é o Título de Experto en Mediación Civil, Mercantil e Concursal, un programa para adestrar ao alumno na mediación, un mecanismo de resolución de conflitos, en cal un terceiro imparcial busca facilitar a comunicación para que as partes por si mesmas sexan capaces de resolver un conflito. A mediación é unha profesión de gran demanda no mercado actual, e este curso, que supón unha formación homologada na materia, permite a todos aqueles que o superen inscribirse no Rexistro Telemático de Mediadores e Institucións de Mediación do Ministerio de Xustiza. O programa desenvolverase do 14 de decembro ao 5 de marzo e terá unha carga lectiva de 120 horas.
Por último, o Centro Asociado á UNED en Pontevedra acollerá a partir do 12 de decembro unha nova edición do Curso de Arbitraxe Civil e Mercantil, un programa de formación especializada na arbitraxe profesional que contará coa presenza dalgún dos mellores profesionais galegos na devandita materia. Este seminario que terá lugar o 11 de novembro cunha carga lectiva de 5 horas.
Todos os cursos poderán ser seguidos vía streaming, polo que calquera persoa con acceso a un dispositivo con conexión a Internet poderá participar. Así mesmo, todas as persoas interesadas deberán inscribirse nestes cursos a través da páxina web da UNED-Pontevedra, chamando por teléfono ao 986851850 ou dirixíndose ao Centro Asociado á UNED en Pontevedra. Existen importantes descontos na matrícula para alumnos UNED, estudantes con discapacidade e persoas en situación de desemprego.