Comeza o labor do expurgo na sede xudicial pontevedresa
Por Oskar Viéitez
O director general de Justicia, Juan José Martín, vén de manter unha reunión co presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra, Francisco Javier Menéndez Estébanez, e o secretario coordinador da provincia, Eduardo Sánchez Tato, para iniciar os traballos preparatorios que darán comezo o labor de expurgo no sede xudicial pontevedresa.
A Audiencia Provincial de Pontevedra será a que de comezo ca labor de expurgo da súa documentación xudicial, que despois seguirán o resto dos xulgados galegos, xa que só no seu arquivo atópanse máis de 60.000 expedientes en 400 metros cadrados.
Mediante a labor de expurgo, levarase a cabo un inventario dos inxentes fondos documentais que gardan os xulgados galegos e determinarase cales son dignos de conservarse polo seu interese histórico ou documental e cales se poden eliminar, o que permitirá aos xulgados galegos gañar espazo, facilitando tamén o acceso á documentación e conservar o patrimonio.
En Galicia existen 50 arquivos xudiciais, os do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, as catro Audiencias e os 45 partidos xudiciais; algúns deles con expedientes que datan do seus inicios a comezos do século pasado. Estimase que en total estean almacenados uns 3 millóns de expedientes, con máis de 150 millóns de folios.