José Ángel Vázquez, de Pereiro de Aguiar ao penal da Lama
Por Redacción
O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, recibiu este venres ao novo director do centro penal da Lama, José Ángel Vázquez Yáñez, que se incorpora a esta nova responsabilidade despois de dirixir o centro ourensán de Pereiro de Aguilar.
José Ángel Vázquez substitúe a Álvaro Novo á fronte da prisión da Lama.
Este coruñés de nacemento acumula unha "ampla experiencia noutras prisións".
Segundo informaron desde a Subdelegación, comezou a súa traxectoria no cárcere madrileño de Soto del Real e continuou nos centros de Huelva, Lugo-Monterroso e Teixeiro.