Os traballadores do Concello de Cotobade negocian o seu primeiro convenio colectivo
Por Redacción
No Concello de Cotobade xa se levan mantido dúas xuntanzas da mesa de negociación coas diferentes partes implicadas para comezar a traballar sobre unha proposta de convenio colectivo para o persoal funcionarial e laboral do Concello.
No goberno local agardan que éste poida ser aprobado nas primeiras semanas do 2016 pola corporación municipal.
Será o primeiro convenio colectivo xa que na pasada lexislatura celebráronse, tamén por primeira vez, eleccións sindicais a representantes dos traballadores do Concello, presentando candidaturas CCOO e CSIF.
O alcalde, Jorge Cubela, calificou de "moi positivas" estas negociacións nas que se avanzou na redacción dos primeiros oito capítulos. O obxectivo dos traballadores, dos seus representantes, así coma do goberno municipal é establecer as relacións laborais dos empregados municipais, como as vacacións, as condicións de traballo, os horarios, as xornadas máximas, as obrigas, e demáis, así como a creación dunha mesa paritaria de seguimento e control do convenio que se reunirá un mínimo de dos sesións ao ano.
O alcalde adiantou a súa vontade de continuar pola redacción e a negociación dunha Relación de Postos de Traballo (RPT), que tamén será a primeira do Concello de Cotobade.
CUBELA NO CONSELLO EXECUTIVO DA FEGAMP
O alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, tras concorrer como número 3 da candidatura do Partido Popular de Galicia á presidencia da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), formará parte do Consello Executivo, sendo o único representante do PP pola provincia de Pontevedra no devandito órgano, que se reúne mensualmente.
Cubela xa formou parte do Consello Federal a pasada lexislatura.