Rescatado un cachorro dun colector de lixo en Caldas
Por Redacción
Chamáronlle Nell e é un pequeno cachorro ao que o seu anterior dono arroxou ao interior dun colector de lixo na parroquia de San Andrés, en Caldas de Reis.
Afortunadamente un veciño da zona rescatouno a tempo, entregándollo á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.
Agora buscan un fogar para este canciño, polo que aquelas persoas que estean interesadas na súa acollida poden poñerse en contacto con Protección Civil de Caldas de Reis a través do teléfono 609 556 549.
Respecto da autoría deste abandono, está a investigarse pola zona. O animal carecía de microchip ou algún outro elemento identificativo.
Relacionadas:
-
Unha iniciativa autonómica busca prohibir o sacrificio na canceira provincial
Por Redacción |
-
Atopan un can na autovía do Salnés que desaparecera hai un ano en Vigo
Por Redacción |
-
Kruggy atopa un novo fogar tras ser 'apadriñado' por Dani Rovira
Por Redacción |
-
Os animais da protectora de Cambados conquistan os nenos de Paifillonai coas súas habilidades
Por Redacción |