O San Martiño de Poio apúntase ao castañazo
Por Diego Torrado
O bo tempo e os magostos sumáronse á celebración do San Martiño no concello de Poio. Así no parque de Costa Giráldez, a asociación de veciños de Lourido, asou castañas para todos ao ritmo das pandereteiras "As Chaneiras" e do grupo Vento Mareiro.
No magosto da Sociedade Cultural e Deportiva de Samieira, na Casa do Pobo de Río de Bois, triunfaron os xogos populares: trompos, zancos, a roda ou a chave. E antes de ir para casa, houbo unha sesión de cinema.
Na parroquia de San Xoan esperarán ata o martes para celebrar a Festa da Castaña, dentro da programación dedicada a San Martiño. O programa unha gran velada co concerto do grupo "A Roda".
O mércores haberá pasarrúas a cargo da Escola de Música Tradicional de Poio, antes da misa solemne cantada pola Coral Virxe de Fátima.