Cantos viños de Rías Baixas serías capaz de recoñecer nunha cata a cegas?
Por Redacción
O Salón José Peña de Cambados acolleu este domingo a celebración da IV Cata Amateur Ruta do Viño Rías Baixas, que estivo dirixida polo catador Nacho Costoya. Este foi o acto central do programa especial preparado con motivo do Día Europeo do Enoturismo.
Preto dun centenar de persoas participaron na cuarta edición desta cita, onde se degustaron 25 referencias de viños da Denominación de Orixe Rías Baixas pertencentes a adegas asociadas desta entidade sen ánimo de lucro e situadas nas subzonas de Val do Salnés, O Rosal e Condado do Tea.
Foron un total de 21 as persoas que conseguiron recoñecer os tres viños da cata a cegas despois de completar unha degustación inicial de cinco marcas.
De todos os vencedores da IV Cata Amateur realizouse un sorteo dun enopack de fin de semana en establecementos asociados da Ruta do Viño.